Estimadas familias:
Rematadas xa as competicións deportivas do ano 22-23 e pensando xa na vindeira temporada 23-24, queremos convidarvos a unha reunión informativa de todas as seccións de baloncesto do Club, que terá lugar o Venres 23 de Xuño ás 19 horas, no Polideportivo Vedruna.
A orde do día será:
1.- Presentación do novo coordinador da sección de baloncesto do Club.
2.- Planificación da temporada 23-24.
3.- Rogos e preguntas.
Dada a importancia dos temas a tratar, pedímosvos que asistades a dita reunión, da que vos agradecemos de antemán a vosa presencia.
Un cordial saúdo.
DIRECTIVA CLUB CARMELITAS VEDRUNA