Ndiave Maimouna, convocada a participar na concentración da Preselección Galega en categoría Infantil Feminina que terá lugar en Marín os días 16 e 17 de setembro (sábado e domingo) na Residencia San Narciso (R/Chan do Monte 27 en Marín).
Todas as xogadoras convocadas están citadas ás 11:30 h na citada Residencia. Os adestramentos serán de 12:00h a 14:00h e de 18:00h a 20:00h os dous días.
A concentración, para a que todas as xogadoras deberán vir provistas de roupa deportiva axeitada, rematará ás 20:30h do domingo día 17 de setembro, horario establecido para recollida.
A estancia e manutención correrá a cargo da FGB.
