Gran participación no Iº Torneo Online de Xadrez Carmelitas Vedruna Ourense

Dende o Club Carmelitas Vedruna queremos agradecer a participación e o interés amosado con este I Torneo Online de Xadrez Carmelitas Ourense. 

Ás 17 horas de hoxe martes 31 de marzo, comezaba a competición cun total de 35 xogadores que chegaron a xogar en pouco máis dunha hora un total de 102 partidas cun promedio de puntuación moi elevado tendo en conta as curtas idades dos nosos xadrecistas.

Reiteramos, dende o Club a nosa máis sincera felicitación polo voso compromiso con este deporte e vos animamos a que nos axudedes a mellorar en futuros eventos cos vosos comentarios no enderezo electrónico xadrez@ccvedrunaourense.com

A clasificación final foi a seguinte:

Compartir en: